Cara o Espazo Dixital Europeo. O rol das pequenas cinematografías en v.o.
A necesidade de renomear o cinema europeo -identificado como cinema nacional ou cinema de autor- pode ser interpretada como o síntoma dun acto de resistencia que anticipa un novo paradigma. Da “excepción cultural” (1994) á diversidade, que constitúe a pedra angular do programa Europa Creativa (2014), o cinema en linguas minoritarias vén a reforzar o compromiso colectivo de definir e ocupar o lugar xeopolítico que lle corresponde. A tal efecto, desenvólvense unha serie de estratexias que implican tanto ás institucións, como ao sector profesional e á comunidade científica. Dende esta perspectiva, tres novas variables están a ser desenvolvidas nos estudos do cinema:
- As nacións sen estado e as pequenas nacións como categoría analítica e coma territorio político
- As linguas mintoritarias (ou minorizadas)
- O filme como axente na construción de ‘comunidades imaxinadas’.
O simposio forma parte das actividades de difusión proxecto do Plan Nacional de I+D+i “Cara o Espazo Dixital Europeo. O papel das cinematografías pequenas en versión orixinal”(ref. CSO2012-35784. Ministerio de Economía e Competitividade) que desenvolve o Grupo de Estudos Audiovisuais da Universidade de Santiago de Compostela baixo a dirección da catedrática Margarita Ledo Andión.
O Centre d’Études sur les Médias, les Technologies et l’Internationalisation da Université París 8 acolleu este seminario que contou coa participación de Margarita Ledo Andión. Jacques Guyot, do CEMTI, foi o encargado de dinamizar o debate.