Investigacións
Proxectos de investigación, contratos, teses e traballos de investigación

A verbena (en)cuberta. As actuacións musicais en salas con programación periódica a través da prensa local de Vigo. (Novembro 1975-Agosto 1990)

O obxectivo desta tese doutoral céntrase no estudo e a análise da industria da música popular en directo en locais con programación periódica na área de Vigo, para o cal se realizará unha foto fixa a través da prensa diaria local comprendida entre novembro 1975 e agosto 1990.

O tema de investigación abordado nesta tese de doutoramento inscríbese, desde o punto de vista teórico, na disciplina de estudo denominada Popular Music Studies e, concretamente, no eido da xestión, programación e comunicación de concertos de música popular. O profundo interese pola industria da música en directo moveunos a consultar 7.608 números da prensa local de Vigo, extraendo 22.370 arquivos relacionados coa industria da música, dos cales 7.986 arquivos corresponden a información vencellada a salas de actuacións nas que se realizaban actuacións musicais no período cronolóxico establecido.

Nesta tese doutoral ponse en relevo a importancia das salas de actuacións dentro dun ecosistema musical analizando como evolucionan estes negocios do entretemento por medio da publicidade insertada na prensa local. Este cambio ven producido por factores como a variación na lexislación vixente por parte das administracións, o progreso da tecnoloxía da época ou a influencia dos medios de comunicación no consumo da música popular.

Autor/a: Zósimo López PenaDirector/a: Dr. Xaime Fandiño AlonsoData de lectura: 01/02/2016
© 2024 Estudos Audiovisuais