Now available the monograph of L’Atalante linked to the Research Project on the Post-war Spanish Cinema
Acaba de ser editado o número 20 de L’Atalante. Revista de estudios cinematográficos, co título Heridas, pervivencias, transformaciones. Modelos de estilización en el cine posbélico español (1939-1962). Trátase dun número monográfico vinculado ao Proxecto de Investigación Cara unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da impronta de Wenceslao Fernández Flórez (CSO2012-34648. Mineco – Goberno de España), coordinado polo Investigador Principal José Luis Castro de Paz e o divulgador cinematográfico Santiago Barrachina Asensio, contando coa participación de gran parte dos investigadores que conforman o equipo de traballo do Proxecto.
Así pois, o Cuaderno da revista —cinco de cuxos sete artigos foron elaborados directamente dende o Proxecto— consiste nunha reflexión sobre a evolución de determinados modelos de estilización desenvolvidos no cinema español ao longo dos anos corenta e cincuenta do pasado século, con diversas aproximacións —de José Luis Castro de Paz, Fernando Gómez Beceiro, Héctor Paz Otero, Javier Moral Martín, Fernando Redondo Neira, Sonia García López, Iñigo Larrauri Garate, Susana Díaz e Manuel de la Fuente— que inciden nas transformacións fílmicas e históricas dese período do noso cinema, aínda tan deostado e mal coñecido coma fascinante e poboado de títulos de incontestable altura estética e cultural.
Ademais, o Diálogo do número recupera unha entrevista de José Luis Castro de Paz e Julio Pérez Perucha ao cineasta José Antonio Nieves Conde —figura clave no cinema da posguerra—, mentres que a sección (Des)encuentros incorpora unha discusión de cinco relevantes historiadores —Santos Zunzunegui, Juan Miguel Company, Alejandro Montiel, Jean Claude Seguin e Jenaro Talens— que supón un exercicio de necesaria actualización teórica e historiográfica deste transcendental período do cinema español.
L’Atalante. Revista de estudos cinematográficos é unha publicación semestral sen ánimo de lucro editada en Valencia coa colaboración de diversas universidades, e indexada en prestixiosos catálogos, directorios, sumarios e bases de datos de revistas de investigación e divulgación científica, figurando a nivel internacional en Arts and Humanities Citation Index® e en Current Arts and Humanities® de Thomson Reuters (Filadelfia, EUA), en Latindex (Sistema Rexional de Información en Liña para Revistas Científicas de América Latina, o Caribe, España e Portugal), en SCOPUS de Elsevier (Ámsterdam, Países Baixos) e en Library of Congress (Washington, EUA). En España consta na base de datos do CSIC de Revistas de Ciencias Sociais e Humanas ISOC, no portal bibliográfico de literatura científica hispana DIALNET e en REBIUN (Rede de Bibliotecas Universitarias).
O número Heridas, pervivencias, transformaciones. Modelos de estilización en el cine posbélico español (1939-1962) xa está dispoñible na súa versión dixital en castelán a través da páxina web da revista e proximamente publicarase tamén en lingua inglesa, contando así mesmo cunha edición impresa que estará dispoñible a partir de setembro.

The approval of the General Audiovisual Law in 2022 updated the Spanish regulatory framework, tackling some of the challenges presented by agents such as streaming platforms, but also leaving open some other related to diversity protection. The LEXCAV project, financed by the Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad and developed […]
The Teatro Colón in A Coruña was the setting this Friday for the 5th Culture Gala, an event in which the Deputación of A Coruña brought together 19 award winners in 13 categories. The event, hosted by journalist Susana Pedreira and actor and musician Xoán Fórneas, featured a performance by Caamaño & Ameixeira and a […]
Last Friday, April 17th, Rocío del Pilar Sosa Fernández, a member of GEA, presented the paper Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR at the 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. The event was organised by the International Association for Media and Communication […]
