Actividades
Cursos de formación, seminarios e congresos

“Soundscapes: Cartografías sensoriais e paisaxes sonoras”

O 16 de xuño celebrarase a xornada Soundscapes: Cartografías sensoriais e paisaxes sonoras na Facultade de Ciencias da Comunicación (Visionado 1).

Estruturada en tres mesas, Cartografías, Artes e Cidades, o encontro reúne contribucións de investigadoras de diferentes grupos da USC: Estudos Audiovisuais, Análise Territorial, Discurso e Identidade, Episteme, Estudos Históricos de Música en Galicia e América (ss. XI-XX), Historia da Arte, da Arquitectura e do Urbanismo e Teoría da Literatura e Literatura Comparada, así como do grupo en ‘Geohumanitats’ da Universitat Pompeu Fabra.

Cartografías alternativas, ética afectiva, arte sonora, composición e urbanismo confluirán nunha xornada transdisciplinar clausurada polo artista sonoro Xoán-Xil López.

Para obter un certificado de asistencia é preciso rexistrarse no seguinte enlace.

Programa completo da xornada.

Título do curso: “Soundscapes: Cartografías sensoriais e paisaxes sonoras”Datas: 16/06/2022 - 16/06/2022Lugar: Facultade de Ciencias da Comunicación da USC (Visionado 1)Inscrición: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe2iVF5JP79Vrc2JOpz0hsVZER_GYFMgFvlibVji7CCpsSkaw/viewform
16/06/2022Facultade de Ciencias da Comunicación da USC (Visionado 1)
Descargas
Mediateca
© 2023 Estudos Audiovisuais