Actividades
Cursos de formación, seminarios e congresos

Seminario Medios Responsables e Cidadáns Críticos. Eficacia e aceptación da rendición de contas en Galicia

Presentación dos resultados do proxecto MediaACES (MINECO/FEDER, UE, ref: CSO2015-66404-P)

O xoves 29 de novembro de 2018 a Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acollerá o seminario  Medios responsables  e cidadáns críticos. Eficacia e aceptación da rendición de contas en Galicia, no que se presentarán os resultados do proxecto de  I+D+i ‘Accountability y Culturas Periodísticas en España. Impacto y propuesta de buenas prácticas en los medios de comunicación españoles’ (MediaACES |MINECO/FEDER, UE, ref: CSO2015-66404-P). Trátase dunha pesquisa dirixida pola Universitat Pompeu Fabra  na que participa o Grupo de Estudos Audiovisuais da USC canda a  Universidad Internacional de La Rioja, Mondragon Unibertsitatea, Universitat Jaume I e a Universidad de Sevilla.

Co obxectivo de detectar as culturas xornalísticas existentes en distintos territorios de España así como examinar o impacto das ferramentas de rendición de contas ou media accountability systemso proxecto realizou unha enquisa a profesionais de Galicia, Madrid, Cataluña e de Euskadi, principalmente, para poder coñecer de primeira man as súas opinións. Ademais, nesta primeira fase da investigación, o equipo investigador procurou coñecer as impresións que os cidadáns teñen sobre a rendición de contas dos medios a través de focus groups, grupos de discusión realizados tamén nos distintos territorios da mostra.

Serán o investigador principal do proxecto, Marcel Mauri, da Universitat Pompeu Fabra, e  a investigadora Marta Pérez Pereiro, do Grupo de Estudos Audiovisuais da USC, as persoas encargadas de dar coñecer en Compostela os datos extraídos até o momento. Estes  servirán para abrir un coloquio coas persoas asistentes. Dirixido a profesionais e estudantes do ámbito da comunicación, o seminario busca xerar un debate para contrastar os resultados acadados e recabar as impresións das persoas participantes sobre a cultura e práctica xornalísticas do territorio.

O evento, de acceso libre, comeza ás 12.00 horas na Aula 8 da Facultade de Ciencias da Comunicación. Canda a celebración en Santiago, o seminario realizarase tamén no resto de sedes das distintas universidades participantes na  investigación.

Título do curso: Seminario Medios Responsables e Cidadáns Críticos. Eficacia e aceptación da rendición de contas en GaliciaDescrición: Presentación dos resultados do proxecto MediaACES (MINECO/FEDER, UE, ref: CSO2015-66404-P)Datas: 29/11/2018 - 29/11/2018Lugar: Facultade de Ciencias da Comunicación. Aula 8
29/11/2018Facultade de Ciencias da Comunicación. Aula 8
Descargas
Mediateca
© 2023 Estudos Audiovisuais