Actividades
Cursos de formación, seminarios e congresos

Presentación de “Lume na periferia” en Numax

O cuarto volume da serie Marcas na Paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua galega coordinado desta volta polo docente Xosé Nogueira, Lume na periferia, presentarase o próximo xoves 2 de xuño ás 20.30h da tarde na Libraría Numax. No encontro participarán o propio Nogueira, xunto a Margarita Ledo e Julio Vilariño. 

Cumpridos xa máis de dez anos que o crítico, programador e produtor Martin Pawley cuñou, en complicidade con Xurxo González, a etiqueta Novo Cinema Galego, parece chegado o momento de facer balance acerca do acontecido na nosa cinematografía ao longo desta última década. O presente volume, realizado ao abeiro do grupo de investigación Performa e editado por Galaxia, non pretende tanto historiar o cinema galego dos últimos anos como propor unha serie de reflexións de carácter poliédrico desenvolvidas por autores que combinan diversas disciplinas (nalgúns casos conflúen varias na mesma persoa), de maneira que poidan resultar complementarias ás xa existentes. Neste cuarto volume atópanse artigos e colaboracións de 11 autores e autoras entre os cales se conta Jaime Pena, Iván Villarmea, Alberte Pagán, Sara Donoso, Fernando Redondo, Cristina R. Lesmes, Xurxo González, Lara Rozados, Gonzalo E. Veloso xunto aos xa nomeados Margarita Ledo e Julio Vilariño.

Título do curso: Presentación de "Lume na periferia" en NumaxDatas: 02/06/2022 - 02/06/2022Lugar: Libraría Numax, Santiago de Compostela
02/06/2022Libraría Numax, Santiago de Compostela
Descargas
Mediateca
© 2024 Estudos Audiovisuais