Actividades
Cursos de formación, seminarios e congresos

International Symposium `CloudClass: Virtual Communication for teaching innovation´

Evento de divulgación científica de innovación educativa implementada no proxecto europeo CloudClass.

O vindeiro venres 17 de febreiro, no Seminario 3 da Facultade de Ciencias da Comunicación, terá lugar o International Symposium CloudClass: Virtual Communication for teaching innovation. A interdisciplinariedad do programa pretende a transferencia de coñecemento xerado no seo do proxecto europeo “CloudClass, CloudClass: Low Cost, Mobile, Cloud & Template Based Augmented Reality Studio for Education”, financiado por el programa Eureka-Eurostars (Ref. E115354CloudClass).
Organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) e coordinado polos profesores e investigadores do mesmo, Enrique Castelló e Roi Méndez, este simposio en lingua inglesa abre o debate sobre o potencial educativo de ferramentas tecnolóxicas para a creación e difusión de contidos educativos. Este evento céntrase na implementación de tecnoloxías de VR/AR/XR de baixo custo na aula que posibiliten unha aprendizaxe máis atractiva, interactiva e inmersiva no ámbito universitario.
O elenco de especialistas reunidos para este Simposio aúna perfís da industria e a academia de referencia internacional nos campos da comunicación, a innovación tecnolóxica e a didáctica virtuais. A análise da tecnoloxía de Cloudclass abordarase desde distintos enfoques: a visión empresarial e desenvolvemento tecnolóxico por Francisco Ibañez e Elena Llorca, responsables da área de proxectos I+D de Brainstorm Multimedia; a viabilidade do seu uso por docentes e discentes por Jim Playfoot, director e fundador da consultora WhiteLoop; a súa implementación para a docencia en contornas virtuais estará a cargo de Renate De Groot, Corrie Urlings e Kateryna Holubinka, The Open University of Netherlands; incorporación e metodoloxía testada en contornas presenciais por Enrique Castelló, Roi Méndez e Rocío Sosa, Universidade De Santiago de Compostela; para finalmente, exemplificar o seu uso cun estudo de caso do proxecto Polimedia a cargo de Antía Mosquera, Universidade De Santiago de Compostela. Durante o evento, presentarase o libro “CloudClass: Comunicación virtual para a innovación docente”, coordinado polos organizadores do simposio.
Polo seu carácter especializado, a actividade está dirixida a profesionais e persoal docente e investigador das ciencias da comunicación e da educación, así como a alumnado de grao, mestrado e doutoramento das áreas disciplinares da comunicación e a educación.
A matrícula no Simposio é libre e gratuíta, ata completar aforo e previa inscrición, outorgándose un diploma de asistencia co reflexo das horas lectivas cursadas. A confirmación da inscrición irase realizando ao longo da próxima semana segundo aforo.

A inscrición está aberta ata o vindeiro 16 de febreiro a través deste formulario.

Máis información.

Título do curso: International Symposium `CloudClass: Virtual Communication for teaching innovation´Descrición: Evento de divulgación científica da innovación educativa implementada no proxecto europeo CloudClassDatas: 17/02/2023 - 17/02/2023Lugar: Facultade de Ciencias da Comunicación, Santiago de CompostelaDuración: De 09:00 a 13:30 hInscrición: https://forms.office.com/e/sDutSBJihM
17/02/2023Facultade de Ciencias da Comunicación, Santiago de Compostela
Descargas
Mediateca
© 2024 Estudos Audiovisuais