Actividades
Cursos de formación, seminarios e congresos

Fóra de Lugar: Corpos (in)tanxibles nas culturas minorizadas da península Ibérica. Literatura, Cine e Arte

O congreso “Fóra de Lugar: Corpos (in)tanxibles nas culturas minorizadas da península Ibérica. Literatura, Cine e Arte”  terá lugar en Varsovia os próximos 14 e 15 de novembro de 2019. Entre as persoas convidadas para impartiren conferencia plenaria atópase a catedrática da Facultade de Ciencias da Comunicación Margarita Ledo Andión, á que se unen nomes como Danny Barreto, Josean Fernández ou Iratxe Fresneda. O evento pretende investigar, desde o enfoque corporal, como se conceptualiza a alteridade desde a literatura, a arte e o cinema catalá, galega, vasca e mirandesa:

Interesaranos como se constrúe o Outro desde a perspectiva das culturas minorizadas e como en referencia a este Outro se crean as identidades propias; e, por outra parte, como as culturas dominantes (a española e a portuguesa, respectivamente) inscriben a outridade nas culturas minorizadas, tamén queremos examinar que valores se atribúen ao Outro e como se manifestan a través do corpo desde ambas as perspectivas. Propoñemos así mesmo estudar que áreas de alteridade se enmarcan dentro das identidades catalá, galega, vasca e mirandesa, como tamén as súas posibles variantes e o seu carácter pluridimensional.

As comunicacións, cunha duración de 20 minutos, poderán realizarse en galego, euskera, catalán, castelán, portugués, mirandés e inglés. As propostas deben enviarse a través da páxina web do congreso na lapela “Formulario de inscripción” antes do 15 de xuño de 2019. A cota de inscrición é de 60 EUROS / 250 PLN, a ingresar antes do 31 de agosto de 2019. Os artigos derivados do congreso, tras previa aceptación por parte das editoras, publicaranse na revista indexada Iberian Studies da Universidade Iaguelónica. A data límite de recepción de propostas será o 31 de decembro de 2019.

A actividade estará organizada en colaboración por diferentes entidades: o Instituto de Estudos Ibéricos e Iberoamericanos da Universidade de Varsovia, o Grupo de Investigación (OUTRA)IBERIA, o Centro de Estudos Galegos de Varsovia, o Instituto Vasco Etxepare, o Instituto Ramon Llull, o Instituto Camões, a Asociación Internacional de Estudos Galegos e o Instituto Cervantes de Varsovia.

+info. na páxina web do congreso.

Título do curso: Fóra de Lugar: Corpos (in)tanxibles nas culturas minorizadas da península Ibérica. Literatura, Cine e ArteDescrición: Congreso organizado por OUTRA(IBERIA)Datas: 14/11/2019 - 16/11/2019Lugar: University of Warsaw de VarsoviaInscrición: https://otraiberiavarsovia.wordpress.com/congreso-2019/formulario-de-inscripcion/
14/11/2019University of Warsaw de Varsovia
Descargas
– Call for Papers. pdf | 375.45 KB
Mediateca
© 2024 Estudos Audiovisuais