Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Dispoñibles dous novos números da colección “Cuadernos de Cine y Cultura Posbélica Española”

02/07/2015

Recentemente foron publicados os libros Muerte de un ciclista (Juan Antonio Bardem, 1955): una firme mirada opositora e Sonrisas y lágrimas de España: esperpento, humor negro y costumbrismo en el cine español, realizados no eido do I+D+i Cara unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da impronta de Wenceslao Fernández Flórez (CSO2012-34648. Mineco – Goberno de España).
Os volumes están editados por Vía Láctea e constitúen respectivamente o segundo e o terceiro número da colección Cuadernos de Cine y Cultura Posbélica Española, creada desde o Proxecto de Investigación coa colaboración da Fundación Wenceslao Fernández Flórez, e iniciada o pasado ano coa publicación de El malvado Carabel: literatura y cine popular antes y después de la Guerra Civil.
Escrito por José Luis Castro de Paz e Héctor Paz Otero, Muerte de un ciclista (Juan Antonio Bardem, 1955): una firme mirada opositora presenta un minucioso estudo da célebre película de Juan Antonio Bardem desde un punto de vista innovador que contrasta coa tradicional insistencia na súa influencia neorrealista, afondando nesta ocasión no peso do cruzamento do cinema hollywoodiense con determinados dispositivos formais e semánticos recibidos da filmografía española da década anterior.
Por outra banda, Sonrisas y lágrimas de España: esperpento, humor negro y costumbrismo en el cine español é unha obra coordinada por Nekane Zubiaur e Carmen Arocena que recolle diversos estudos de relevantes investigadores –tanto membros do proxecto como colaboradores externos– acerca da natureza do esperpento cinematográfico, indagando con reflexións teóricas e análises de películas exemplares no transcendental proceso de deformación de certas convencións costumistas tendentes ao grotesco e tinguidas dun desapiadado humor negro que conduciría á translación fílmica desa gran veta da arte e a cultura españolas. Ademais das coordinadoras do volume, colaboran na obra Santos Zunzunegui, Íñigo Larrauri, Asier Aranzubia, Alejandro Montiel e José Luis Castro de Paz.

MÁIS NOVAS
Arranca o Seminario Permanente CO(M)XÉNERO na USC
07/11/2018

O luns 12 de novembro a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela acollerá a primeira sesión do CO(M)XÉNERO, o Seminario Permanente de Comunicación e Xénero que organiza o Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) . Dirixido por Margarita Ledo Andión, Catedrática de Ciencias de Comunicación e Publicidade da USC e coordinadora […]

Seguir lendo
As tecnoloxías da lingua, unha oportunidade para a sociedade galega
Xornadas do CDG
16/10/2018

O Consello da Cultura Galega organiza estas xornadas que exploran as aplicacións tecnolóxicas relacionadas coa lingua para analizar a presenza do galego na contorna dixital. Nelas participa Pablo Romero Fresco, un dos investigadores do proxecto EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas (AEI, ref. CSO2016-76014-R), á súa vez director […]

Seguir lendo
Margarita Ledo, Xaime Fandiño e Brais Romero participan nas “Mesas interxeracionais do audiovisual galego” en Curtocircuíto
Do 4 ao 5 de outubro en Santiago de Compostela
28/09/2018

Tres integrantes do Grupo de Estudos Audiovisuais tomarán parte nas Mesas interxeracionais do audiovisual galego: xornadas construtivas para destruír tópicos, mitos e prexuízos do noso sector’, un conxunto de relatorios e debates que este ano ofrece o XV Festival Internacional de Cine- Curtocircuíto para atopar puntos en común entre os diferentes profesionais e os seus xeitos […]

Seguir lendo
© 2018 Estudos Audiovisuais