Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

“CONFOCO 2017: Fotógrafas, mulleres trala cámara”, Call for papers do CAVP-1 da Universidade Complutense de Madrid

15/03/2017

O Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade I [CAVP-1] da Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid vén de abrir o call for papers para o Congreso Internacional CONFOCO 2017: Fotógrafas, mulleres trala cámara, que terá lugar entre o 26 e 28 de abril de 2017 no Edificio Aulario da Facultade de Ciencias da Información. O 2 de abril de 2017 será a data límite para enviar as comunicacións para el congreso. Un encontro que quere “seguir historiando, debatindo e reflexionando sobre o feito fotográfico desde as súas orixes ata a actualidade”.

Nesta ocasión, a aposta que leva a cabo o Departamento CAVP-1 é a celebración dun Congreso Internacional sobre Fotografía que nace coa intención de contribuír á visibilización do papel da muller fotógrafa en aras de fomentar unha construción historiográfica, estética e pedagóxica máis completa e igualitaria dunha práctica profesional e artística que, por outro lado, historicamente estivo dominada e acaparada pola presencia dos homes.

As liñas de traballo propostas para este Congreso Internacional sobre Fotografía serán as seguintes:

— Pioneiras da fotografía: a muller na práctica fotográfica durante o século XIX e comezos do século XX.
— Fotoxornalismo e Documentalismo: a irrupción da muller na fotografía de prensa, o reporterismo de guerra e o documentalismo social.
— Construcións mediáticas sobre a muller fotógrafa. Desde os primeiros relatos literarios e publicitarios sobre a muller fotógrafa ata a súa representación mediática no cinema, a televisión, os videoxogos e as redes sociais.
— Fotografía e praxis artística: linguaxes e obra fotográfica na produción de mulleres artistas.
— O papel da muller no procesamento da imaxe: da praxe analóxica á era dixital.
— Asociacionismo, activismo e prácticas de empoderamento da muller a través da fotografía.
— Discursos curatoriais, prácticas museográficas e edición de fotolibros en relación á obra producida por mulleres fotógrafas.
— Teóricas da fotografía e prácticas pedagóxicas no uso e usos do fotográfico.

O Congreso só aceptará un máximo de 24 comunicacións. Os estudos deben ser froitos orixinais de investigación inéditas e de carácter científico-académico. As comunicacións poderánse escribir en castelán e inglés, cunha extensión máxima de 7000 palabras. As comunicacións deberanse enviar ao correo confoco@ucm.es.

Máis información en www.ucm.es/cavp1/confoco-2017

MÁIS NOVAS
Margarita Ledo Andión participa nas xornadas “50 anos do 25 de abril”
A Catedrática emérita do GEA estará presente no coloquio: "O 25 de abril do outro lado do Miño" na Facultade de Filoloxía da USC
12/04/2024

A Revolución dos Caraveis, o levantamento militar do 25 de abril de 1974 en Portugal, denominado en portugués Revolução dos Cravos, derrubou nun día o réxime político ditatorial que existía no país veciño desde 1926. As cinco xornadas que compoñen o programa das xornadas que conmemoran os 50 anos deste feito histórico, desenvolveranse desde o […]

Seguir lendo
30 aniversario da AGAPI
A segunda xornada terá lugar o mércores 17 de abril na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
12/04/2024

Neste 2024 AGAPI celebra o seu 30 aniversario e unha das accións que vai levar adiante é a celebración dunhas xornadas formativas itinerantes polas tres universidades galegas nas facultades de Ciencias da Información dentro do Grao de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Universidade de Vigo (UVIgo) e Universidade da Coruña (UDC). […]

Seguir lendo
Roi Méndez e Rocío del Pilar Sosa presentan The White Book for teaching through virtual TV sets
A comunicación na Open Universiteit tivo lugar o 8 de marzo.
14/03/2024

A conferencia Cloudclass: Innovative teaching with virtual studio technology tivo lugar o pasado 8 de marzo de 2024 na Open Universiteit (Heerlen). Educadores, expertos técnicos e estudantes reuníronse coa fin de afondar no ámbito da tecnoloxía inmersiva e nas súas aplicacións na educación. O evento, que marcou a culminación do proxecto CloudClass: Low Cost, Mobile, […]

Seguir lendo
© 2024 Estudos Audiovisuais