Retos de la radio en los escenarios de la convergencia digital
Este artigo analiza a situación actual da radio española no novo escenario mediático, caracterizado poa converxencia digital, a redefinición das funcións clásicas dos medios e a evolución constante dunha audiencia cada vez máis segmentada e máis esixente. Na nova era da información cambian completamente os códigos e as normas vixentes durante décadas, especialmente aquelas que afectan aos procesos de produción e acceso á información. Grazas a Internet os contidos de calquera soporte están ao alcance dos cidadáns en calquera momento e desde calquera lugar, e a radio exa non é o único medio co don da instantaneidade e da ubicuidade. Ao perder a exclusividade dunha das súas principais características diferenciais ten que adaptarse á nova realidade e competir tamén coa prensa e a televisión, que a través das súas páxinas web ofrecen servizos informativos e de ficción en condicións similares á radio.
Autor/a:
Xosé Soengas Pérez Ano: 2013Titulo: Retos de la radio en los escenarios de la convergencia digital
Categoría:
Artigo científico
Título revista/libro: AdComunica. Revista Científica de estrategias, tendencias e innovación en comunicación. Castellón: Facultat de Ciencies Humanes i Sociais. Universitat Jaume INúmero: 5Páxina inicial: 23Páxina final: 36Cidade: CastellónEditorial: Universidad de Jaume I
Descarga a publicación