Principios Pedagóxicos do Cinema Educativo. Aproximación histórica ás súas orixes
O uso con fins educativos dos modernos medios de comunicación orixinou sempre expectativas ilusionantes, debate e controversia. Así ocorreu co cinema a principios do século XX, cando se fixo unha defensa do seu uso no ensino. O presente traballo proponse estudar aquel debate. Para iso leva a cabo unha análise historiográfica coa que dar conta dunha literatura nada insignificante que, en forma de artigos en prensa especializada ou informes de carácter académico, insistiu na necesidade de utilizar o potencial do cinema ao servizo da instrución, considerándoo, así, como unha ferramenta de gran utilidade para o progreso do país. Se analizamos unha mostra daquela literatura, é posible seguir o fío que conduce ao longo dun itinerario histórico a través do cal descubrir os principios pedagóxicos que sustentaron aquel fenómeno do cinema educativo. Giner dos Ríos e Ortega e Gasset serán aquí dous importantes referentes culturales.