Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

“Manicomio español”: o excéntrico debut tras as cámaras de Fernando Fernán Gómez adaptando a Gómez de la Serna, Poe, Kuprin e Andreiev (Manicomio, 1953)

En 1953, en plena madurez intelectual e cando xa é un dos máis famosos actores de España, Fernando Fernán-Gómez —de quen se celebra en 2021 o centenario do seu nacemento— debuta como director cinematográfico con Manicomio, un filme tan modesto como excéntrico que reune catro historias de Edgar Allan Poe, Aleksadr Ivanovich Kuprin, Leonidas Andreiev e Ramón Gómez de la Serna na súa primeira adaptación cinematográfica (A mona de imitación). Na película, Fernán-Gómez traza un tan escuro como deslavazado debuxo metafórico dunha España exasperada na que gobernan os tolos, mentres os intelectuais —como un inesquecible Camilo José Cela— coucean cal burricáns encerrados nun delirante manicomio. Poden intuírse xa no texto, máis ou menos embrionariamente, trazos sainetescos e deformantes —o protagonista (o propio Fernán-Gómez) falándolle aos espectadores; o maltrechotono costumista do episodio ramoniano protagonizado por Antonio Vico e Elvira Quintillá— que constituirán as bases do futuro estilo do autor de El mundo sigue (1963) ou El extraño viaje (1964).

Autor/a: José Luis Castro de Paz Ano: 2020Titulo: “Manicomio español”: o excéntrico debut tras as cámaras de Fernando Fernán Gómez adaptando a Gómez de la Serna, Poe, Kuprin e Andreiev (Manicomio, 1953) Categoría: Artigo de divulgación Título revista/libro: ACTIO NOVA: Revista de Teoría de la Literatura y Literatura ComparadaVolume: 4URL: https://doi.org/10.15366/actionova2020.m4.005
© 2024 Estudos Audiovisuais