Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

La realidad informativa en EE.UU., Europa y América Latina

A análise de informacións reais nos EUA, Europa e América Latina mostra que as difcultades e limitacións para informar dos medios de comunicación son comúns, especialmente en zonas de conflito. A censura aparece en moitas formas e os diferentes métodos correpóndense, case sempre, coa natureza dos réximes políticos e co grao de dependencia que teñen os medios. O jornalismo é a única ferramenta que lles queda a moitos sectores para coñecer a verdade sobre a corrupción e para facer contrapeso aos excesos dalgúns gobernos autoritarios. Desde o punto de vista teórico, as normas que existen na maioría dos países parecen suficientes para garantizar a liberdade de información, pero as investigacións sobre os medios reflicten que na práctica non sempre existe imparcialidade e calidade nos contidos. Resulta fácil establecer os indicadores e detallar as características que corresponden a unha información completa, rigorosa e plural, pero é máis complicado conseguir que se cumpran sempre. A falta de liberdade depende máis dos instrumentos represores que da teoría na que se basean as normas e as leis, as cales adoitan ter unha ampla marxe de interpretación. As institucións, ás veces, aplican a censura extralimitándose nas súas funcións, pois cando se prohiben contidos sen orde xudicial, o Gobierno ou o Estado usurpan competencias que non lles corresponden. Os medios de comunicación teñen unha responsabilidade social moi concreta e, polo tanto, non poden estar suxeitos a dictados alleos, nin actuar ou comportarse como meras empresas que buscan rentabilidade.

Autor/a: Xosé Soengas Pérez Ano: 2012Titulo: La realidad informativa en EE.UU., Europa y América Latina Categoría: Artigo científico Título revista/libro: Chasqui. Revista Latinoamericana de ComunicaciónNúmero: 117Páxina inicial: 73Páxina final: 79Cidade: QuitoPaís: Ecuador
Descarga a publicación
© 2024 Estudos Audiovisuais