Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

La información en televisión: espectáculo y realidad manipulada

Nesta investigación abórdanse os principais aspectos que corresponden ao ámbito e a contexto da información televisiva: orixe da información, natureza das fontes e dos protagonistas, características das noticias, tratamento e enfoque dos contidos e análise dos personaxes protagonistas dos feitos. Estudar estes detalles permitirá determinar se existe censura e manipulación nas noticias e se se producen desequilibrios informativos ou tratamentos inadecuados. Aquí centrámonos especialmente en coñecer os principais aspectos específicos da información televisiva, concretamente o tratamento e a distribución das noticias (por seccións, por países e por partidos) en TVE, T5 e A3 en 2003 e en 2006, dous períodos nos  que gobernaban partidos diferentes, aínda que logo se poidan analizar e comentar outros matices derivados dos planteamentos centrais.

Autor/a: Xosé Soengas Pérez Ano: 2007Titulo: La información en televisión: espectáculo y realidad manipulada Categoría: Artigo científico Título revista/libro: Revista ICONO14. Revista científica de ComunicaciónNúmero: 9Páxina inicial: 105Páxina final: 122Cidade: MadridISSN: 1697-8293
Descarga a publicación
© 2019 Estudos Audiovisuais