El tratamiento informativo de lenguaje audiovisual
A linguaxe audiovisual é unha das formas de comunicación máis versátiles, grazas á heteroxeneidade dos elementos que o integran. Pero eses compoñentes que enriquecen o discurso esixen uns coñecementos que permitan aproveitar todas as súas propiedades comunicativas e expresivas. No libro El tratamiento informativo del lenguaje audiovisual analízanse as características de cada un dos elementos que forman parte do relato informativo audiovisual e explícanse as formas máis axeitadas para traballar coa voz, co son e coa imaxe. Ademais, expóñense os criterios informativos para o tratamento narrativo da información e as características dos diferentes formatos de noticias.
Autor/a:
Xosé Soengas Pérez Ano: 2003Titulo: El tratamiento informativo de lenguaje audiovisual
Categoría:
Libro
Editorial: Ed. Laberinto Comunicación