Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

El papel de internet y las redes sociales en las revueltas árabes: una alternativa a la censura de la prensa oficial

Esta investigación analiza o papel de Internet e das redes sociais nas revoltas árabes. Interesa coñecer a contribución da tecnoloxía á comunicación en sociedades pouco avanzadas en situacións de conflito e o valor da Rede como enlace entre os mozos que apoiaban os desde o exterior e os que participaban directamente nas manifestacións. Para coñecer a importancia da tecnoloxía como instrumento de comunicación virtual realizouse unha serie de entrevistas online a 30 mozos de Túnez, Exipto e Libia que vivían en Barcelona, Madrid e Santiago de Compostela durante o desenvolvemento dos conflitos e que participaron na primavera árabe a través da Rede. Os resultados desta investigación demostran que os apoios virtuais ás revoltas non estaban baseados en accións coordinadas, simplemente se trataba dunha confluencia de actos similares que coincidían no tempo e nas mesmas plataformas. Internet e as redes sociais funcionaron como elementos de apoio ao proceso e como contrapeso á censura oficial e aos medios afíns ao réxime, e foron útiles para  superar o illamento da sociedade árabe, para facer visibles os conflitos e para conseguir apoios relevantes no exterior. Pero tamén se demostrou que a Rede tiña limitacións fronte á consolidada infraestrutura de propaganda que existía en
cada país.
Autor/a: Xosé Soengas Pérez Ano: 2013Titulo: El papel de internet y las redes sociales en las revueltas árabes: una alternativa a la censura de la prensa oficial Categoría: Artigo científico Título revista/libro: Comunicar (DOI: 10.3916/C41-2013-14)Número: 41Páxina inicial: 147Páxina final: 155
Descarga a publicación
© 2024 Estudos Audiovisuais