Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

El enfoque informativo. Los puntos de vista de una noticia en televisión

As teorías liberais sobre a obxectividade que repousaban sobre a idea da información como unha representación neutral e transparente da realidade, mostraron tantos flancos como as teorías críticas máis simplistas que identificaban os medios con instrumentos do poder, o que levaba a explicar os contidos en función dos propietarios controladores dos medios. A realidad é máis complexa, como se encargaron de demostrar as investigacións realizadas desde diferentes ópticas que culminaron nas aportacións sobre o proceso produtivo da información masiva, un sistema de alta complexidade. A selección de noticias segue sendo até os nosos días un dos aspectos fundamentais ao falar do enfoque informativo, e aínda que o sistema produtivo da información foi introducindo elementos novos e xerando automatismos que reducen o grao de influencia do seleccionador de noticias, o papel determinante deste non debe desprezarse. A televisión é na actualidade o principal provedor de noticias para o gran público, e este libro estuda e analiza todos os condicionantes do enfoque da información televisiva.

Autor/a: Xosé Soengas Pérez Ano: 2008Titulo: El enfoque informativo. Los puntos de vista de una noticia en televisión Categoría: Libro Editorial: Laberinto Comunicación
© 2024 Estudos Audiovisuais