Investigacións
Proxectos de investigación, contratos, teses e traballos de investigación

Zona Salvaxe: violencia e cinema dirixido por mulleres no Estado español (2000-2018)

A partir da norma heteropatriarcal obxecto-non suxeito que organiza a relación das mulleres tanto coa violencia, como coa Institución Cinematográfica, a presente investigación identificaría un modelo normativo que sinala as opcións preferíbeis de representación da violencia na cinematografía e cuxa función é (re)producir a ontoloxía das mulleres como xénero inerme. Acollendo como obxecto de estudo o cinema dirixido por mulleres no Estado español no período 2000-2018, a investigación explora se as directoras adhiren, resisten ou transgreden tal modelo; continuando a procura infinita do territorio imposíbel e prohibido: do lugar onde as mulleres son suxeito de todo, obxecto de ninguén.

Descarga

Autor/a: García Cid, EireDirector/a: Ledo Andión, MargaritaData de lectura: 04/11/2020
© 2022 Estudos Audiovisuais