Investigacións
Proxectos de investigación, contratos, teses e traballos de investigación

Un cinema do fan. Os fans e as gravacións amadoras nos modos de representación da música en directo

Hoxe en día, os concertos e demais eventos en directo xa non son rexistrados exclusivamente por profesionais. En calquera actuación, como en calquera ámbito da vida cotiá, podemos ver un monte de teléfonos móbiles e cámaras rexistrando o que acontece. O acceso xeralizado ás tecnoloxías de captación de imaxe que caracteriza a era dixital fai xurdir unha serie de cuestión relevantes arredor do poder da representación. Esta tese investiga precisamente os modos de representación da música en directo para explorar, a través da comparación dos vídeos amadores e os profesionais, se o cambio tecnolóxico dixital favorece unha democratización da imaxe dos directos ou os códigos convencionais prevalecen. A análise destas gravacións amadoras obriga a construír unha metodoloxía interdisciplinar para abordar as diferentes tensións que os vídeos acollen: non só as propias das promesas democratizadoras da tecnoloxía dixital, senón tamén a relación da audiencia cos modos de representación profesionais, os cambios recentes dos cinemas domésticos e os modos de consumo produtivo propios dos fans.

Descarga

Autor/a: Cibrán Tenreiro UzalDirector/a: Margarita Ledo AndiónData de lectura: 11/06/2018
© 2024 Estudos Audiovisuais