Investigacións
Proxectos de investigación, contratos, teses e traballos de investigación

Os informativos diarios nas televisións locais de Galicia. A información televisiva no espacio local

Como primeiro estudo que se realiza na Universidade de Santiago de Compostela sobre a televisión local en Galicia e, máis concretamente, sobre os informativos diarios nestas pequenas emisoras, esta investigación comeza cun capítulo de introdución onde se aporta unha definición propia de televisión local aplicable ao panorama audiovisual galego, para logo contexutalizar o nacemento destas emisoras e abordar o desenvolvemento do sector que dentro de poucos meses cumpre 20 anos de existencia en Galicia.

Un período de incerteza e desenvolvemento sostido dunha televisións que se viron condicionadas por cuestións de carácter legal e por outros aspectos de índole profesional que xestaron un sector débil que hoxe se enfronta ao grave problema que supón a penetración no mercado de cadeas nacionais con pretensións de alianzas-concentracións empresariais que ameazan con danar seriamente o eixe central destas televisións: a produción local na que xoga un papel destacadísimo a información.

Por isto, e como capítulo de transición, xustificamos a importante presenza dos noticieiros nas grellas de programación destas emisoras, así como o equilibrio que imprimen no panorama audiovisual cada vez máis global en función da oferta alternativa e ao mesmo tempo complementaria que nos aportan estas televisións das que estudamos pormenorizadamente os formatos dos seus noticieiros, como núcleo de investigación.

Autor/a: Ana Isabel Rodríguez VázquezDirector/a: Dr. Xosé Soengas PérezData de lectura: 03/11/2000Cualificación: Sobresaliente Cum Laude
© 2019 Estudos Audiovisuais