Investigacións
Proxectos de investigación, contratos, teses e traballos de investigación

Os contidos dos espacios informativos de circuito na radio en Galicia

O obxectivo desta tese é o estudo dos espazos informativos de alcance galego que os distintos medios radiofónicos emitían durante os anos 1966-1997 para o conxunto da comunidade autónoma galega. Os espazos analizados corresponden a todos os medios que en dito bienio realizaban este tipo de informativos: RNE en Galicia, Radio Galega, SER, COPE, Radio Voz e Onda Cero.

A Tese estrutúrase en seis capítulos. O primeiro achégase ao proceso histórico dos informativos de alcance galego e ao marco teórico da radio e a información en Galicia, en tanto que o segundo centra a análise nos elementos que determinan os contidos obxecto de estudo. Os capítulos 3, 4 e 5 estudan as características da presenza dos contidos informativos nas noticias a través, respectivamente, das fontes informativas, os protagonistas e as temáticas presentes.

A Tese conclúe cun sexto capítulo centrado nos contidos dos titulares, a información do resto do Estado e do mundo da Radio Galega e a publicidade.

Autor/a: Manuel Rodríguez FernándezDirector/a: Dr. Xosé Soengas PérezData de lectura: 03/11/2000Cualificación: Sobresaliente Cum Laude
© 2019 Estudos Audiovisuais