Investigacións
Proxectos de investigación, contratos, teses e traballos de investigación

O surrealismo no cinema centroeuropeo durante a etapa comunista

A presente investigación céntrase na influenza que o movemento surrealista tivo dentro do cinema polaco, checoslovaco, húngaro e das nacións do norte de Iugoslavia entre 1945 e 1990. A través da análise de filmografías e obras concretas de autores dos catro países, estuda as súas similitudes e diferenzas na aproximación ao cinema dende unha perspectiva surrealista, situándoas no seu contexto sociopolítico e comparándoas co movemento creado por André Breton. Para elo, pretende establecer unha visión transnacional á hora de achegarse ás particularidades dos diferentes autores e autoras que analiza, situándoos no xusto contexto baixo os gobernos comunistas e en relación ás políticas do momento. Ao mesmo tempo, tamén tenta repensar a relación entre películas concretas, os novos cinemas nacionais xurdidos nas décadas dos 50, 60 e 70 do século XX e as vangardas artísticas dentro do marco espazo temporal especificado, comprendendo á súa xénese non só no interior das fronteiras do bloque soviético, senón tendo en conta a realidade internacional á que os autores poderían ter acceso. Deste xeito, achegámonos cunha óptica novidosa ao cinema nacido na Centroeuropa comunista, tentando revelar relacións no xeito de comprender as vangardas cinematográficas por parte de autores nacidos nos diferentes países que conforman a nosa selección.

Descarga

Autor/a: Froiz Casal, Luis EduardoDirector/a: Castro de Paz, José LuisData de lectura: 22/09/2020
© 2024 Estudos Audiovisuais