Investigacións
Proxectos de investigación, contratos, teses e traballos de investigación

O rol do cinema galego de ficción 2000 – 2015

En O rol do galego no cinema galego de ficción: 2000 – 2015 preténdese describir a relación existente entre a lingua galega e o cinema galego. A aprobación da Lei 6/1999 dotou dun marco legal á actuación do goberno en materia de fomento do audiovisual, porén, o cinema galego era xa unha realidade desde décadas anteriores.
Partindo dunha descrición do estado da arte e do obxecto de estudo, a presente investigación profundiza nas axudas autonómicas ao fomento do cinema para pescudar o funcionamento das mesmas, á vez que se fai un volcado de datos exhaustivo das producións galegas dese período de tempo, constatando e describindo a realidade da lingua galega no cinema.

Autor/a: Romero Súarez, BraisDirector/a: Ledo Andión, MargaritaData de lectura: 31/10/2019Cualificación: Sobresaliente Cum Laude
© 2024 Estudos Audiovisuais