Luis Seoane e os Media. A documentación xornalística como fonte de información para o estudio da recepción da imaxe
Estúdase o labor creativo e xornalístico de Luís Seoane, desde 1929 a 1979. Tómase como fonte de información o escrito na prensa de sete países americanos e de cinco europeos e tivéronse en conta opinións emitidas polo artista a través do seu programa radiofónico e as súas declaracións.
Séguese a teoría sistématica da escola de Tel Aviv, a da recepción da escola de Constanza (Jauss e Link) e a de Pierre Bordieu.
En total, efectúase unha análise de contido de 966 textos.
Entre os obxectivos da Tese figura averiguar que imaxe transmiten os medios de dito autor, se a través deles se poen determinar as etapas evolutivas, constatar a traxectoria seguida para alcanzar a canonización, e saber se os propios medios influíron na súa obra. Todo isto investigouse considerando a produción de Seoane dentro do sistema social e comunicativo-relacional da época.