Investigacións
Proxectos de investigación, contratos, teses e traballos de investigación

La mediatización intercultural del espacio social: un análisis comparativo de los contenidos informativos brasileños y españoles

A presente Tese Doutoral ten por obxecto o estudo da Mediatización Intercultural do Espazo Social nos Contidos Informativos, a través da análise comparativa dos telediarios brasileiros e españois, “Jornal Nacional, SBT Brasil, Telediario 2 e Noticias 2”. Dividimos dita investigación en sete capítulos: o primeiro, dedicado á exposición metodolóxica que desenvolverá a investigación; o segundo, ao estudo das principais escolas de pensamento que se ocuparon dos efectos das comunicacións de masas; o terceiro, á análise dos procesos de produción da noticia; o cuarto, ao fenómeno da “produción mediática da realidade” a partir dos contidos informativos; o quinto, á confrontación dos factores “estruturais” e “económicos” relacionados cos modelos televisivos desenvolvidos nos dous países; no sexto capítulo, abordaremos as nuevas aportacións da televisión dixital dos dous países nos contidos da programación e nas formas de consumo; dedicamos o sétimo capítulo á análise textual dos contidos informativos de grande audiencia en Brasil e España: os telediarios Jornal Nacional (Rede Globo), SBT Brasil (SBT), Telediario 2 (TVE1) e Noticias 2 (Antena 3); no último capítulo, presentamos as conclusións da investigación. Como hipótese principal —polarizadora dos ítems integrantes do protocolo de análise—, pode postularse que, no fenómeno da produción mediática da realidade, existe unha incuestionable homoxeneidade na produción sintetizada e inmediata dos contidos informativos da televisión dixital que, decote, producen as realidades sociais de Brasil e España.

Descargar

Autor/a: Amanda Paz AlencarDirector/a: Dr. Enrique Castelló MayoData de lectura: 29/02/2012Cualificación: Apto Cum Laude
© 2019 Estudos Audiovisuais