Aspectos documentales del cine mexicano de ficción. Décadas 1940-2010
A partir do traballo de investigación que se levou a cabo dentro deste programa doutoral para a obtención do D.E.A. titulado “Inicios del Documental en México con Fines didácticos” no que se traballou desde a chegada do cinema a México até os anos trinta, encontrouse unha cuestión que foi motivo de innumerables análises por teóricos e estudosos do documental e que habería dar pé a este traballo de tese. Esta cuestión xiraba arredor da lexitimidade do cinema do real, a aseveración de que o cinema documental toma préstamos da ficción para o seu contruto. Isto motivou o interese de investigar a outra cara da moeda ou se a ficción non tomaría tamén préstamos do documental para a súa realización. É así como lle foi exposta esta hipótese a quen fóra directora da tesina para o D.E.A. e hoxe directora desta Tese doutoral: a Dra. Margarita Ledo Andión, quen impulsou este traballo a partir do protocolo correspondente e durante o traballo de investigación. As preguntas que detonaran o traballo que se titularía “Aspectos documentales del cine mexicano de ficción. Décadas 1940-2010”, foron as seguintes: O cinema de ficción toma préstamos do documental para o seu construto? Atopamos no cinema mexicano de ficción aspectos documentais?