Investigacións
Proxectos de investigación, contratos, teses e traballos de investigación

Álbum de fotos en dispositivos móbiles. Novos horizontes na fotografía de instantáneas

Os teléfonos intelixentes convertéronse no principal ordenador persoal, acadando porcentaxes da poboación nunca vistos antes en ningún outro produto tecnolóxico. Esta ubicuidade do teléfono intelixente puxo tamén unha cámara nos petos de practicamente a metade da poboación mundial, cambiando completamente o concepto de fotografía doméstica. Esta tese investiga como este cambio afectou a os hábitos en fotografía dos usuario de teléfonos intelixentes e como cambiou a anterior cultura Kodak. Baixo a hipótese do progresivo desuso do álbum tradicional, fixouse o obxectivo de comprobar se os actuais sistemas de xestión de fotos en teléfonos intelixentes eran capaces de cumprir o papel que o álbum tradicional tiña na creación de memoria, comunicación e identidade. Propúxose un estudo cruzado con información de tres fontes: os hábitos dos usuarios, as características dos sistemas e a opinión dos expertos, analizando a evolución da situación durante un período de dous anos. Como conclusión este estudo atopa que os sistemas actuais están a mellorar na recuperación a longo prazo pero fallan no uso de
estándares que permitan os usuarios exportar a información de contexto xerada no sistema.

Descarga

Autor/a: Fraga Pérez, AndrésDirector/a: Castelló Mayo, EnriqueData de lectura: 30/03/2021
© 2023 Estudos Audiovisuais