Investigacións
Proxectos de investigación, contratos, teses e traballos de investigación

Adaptaciones cinematográficas en la década de los 40 de las novelas de Fernández Flórez ambientadas en Galicia

A Tesedesenvolve unha análise de catro novelas escritas por Fernández Flórez (Huella de luz, El fantasma, La casa de la lluvia, Ha entrado un ladrón) e as súas respectivas adaptacións cinematográficas,realizadas durante a década dos corenta. o estudo busca contextualizar nun parámetro concreto (o cinema español dos corenta) uns trazos formais e unhas constantes temáticas aportadas por Wenceslao Fernández Flórez. Mediante o concepto da conciencia do derrotado inténtase dar resposta a dúas cuestións: Por que Wenceslao Fernández Flórez é un dos escritores españois máis adaptados ao cinema? Por que as súas adaptacións se concentran maioritariamente durante os anos corenta?

A conciencia do derrotado implica unha mirada melancólica da vida que inunda a todos os personaxes que protagonizan os relatos de Fernández Flórez, unha conciencia que trala Guerra Civil se extende por todos os individuos reais do noso país, de tal maneira que esa conciencia derrotista é a que cumpre a función de ponte entre a obra literaria do escritor galego nos anos vinte, e a cinematografía española dos anos corenta.

Autor/a: Héctor Paz OteroDirector/a: Dra. Carmen Becerra Suárez e Dr. José Luis Castro de PazData de lectura: 14/05/2008
© 2019 Estudos Audiovisuais