Investigacións
Proxectos de investigación, contratos, teses e traballos de investigación

A última ciudade. Vagabundeos terminais pola metrópole e o cinema contemporaneos

O cinema do tránsito do século XX ao XXI está percorrido por unha lexión de suxeitos en crises que atravesan cidades envoltas en intuicións do fin, en sinais decadentes que parecen anticipar a súa pronta desaparición e a dos seus habitantes. Pero, que provoca o seu malestar e impulsa a súa errancia?; poden os motivos do seu desasosego ancorarse só no presente?; é dicir: pode a dor do suxeito contemporáneo estar provocada só por feridas contemporáneas? Seguindo os pasos do protagonista destas páxinas o vagabundo terminal a través do seu continente simbólico a última cidade, esta investigación defenderá que o malestar do suxeito contemporáneo non pode arraigarse exclusivamente no tránsito do século XX ao XXI: os vagabundos terminais que ateigan o cinema contemporáneo padecerían, en cambio, as secuelas da crise aberta polo Romanticismo e profundada pola psicanálise nunha Modernidade aínda non (pero preto de ser) finalizada. Esta é a estirpe melancólica da última cidade, unha metrópoles espectral que, tras séculos de suposto esplendor, sobrevívese a si mesma in extremis, nos estertores dun tempo case consumido. E no seu interior os nosos vagabundos parecen sorprenderse de chegar ao THE END, de ser os inesperados protagonistas do relato escatolóxico das últimas cousas. Porque así, como veremos, acabaría hoxe o mundo: cun solitario flâneur terminal que atravesa unha cidade sinistra, baleirada e inhóspita, na que o mundo, a Historia, o tempo mesmo detivéronse.

Descarga.

Autor/a: López Fernández, José ManuelDirector/a: Castro de Paz, José LuisData de lectura: 22/06/2021
© 2023 Estudos Audiovisuais