Actividades
Cursos de formación, seminarios e congresos

Xornada de Portas a Virtus

Virtus. Plataforma tecnolóxica para a investigación virtual da USC

Virtus, plataforma tecnolóxica para a investigación virtual da USC, nace como un espazo común de solucións virtuais avanzadas tanto para a innovación docente e a difusión investigadora como para a transferencia tecnolóxica e de coñecemento ao tecido TIC e audiovisual galego. As súas potencialidades daranse a coñecer na ‘Xornada de Portas a Virtus’ o mércores 23 de outubro na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Para asistir a esta xornada requírese a inscrición previa. O prazo para anotarse remata o 22 de outubro.

Aberta a toda a comunidade universitaria e ao sector audiovisual e TIC, Virtus nace co pulo do financiamento europeo do programa Next Generation. O seu funcionamento e posibilidades de traballo serán explicados durante a xornada, que inaugura a partir das 9.30 horas o reitor Antonio López, xunto coa vicerreitora de Política Científica, Pilar Bermejo; o delegado do reitor para a Transferencia do Coñecemento, Luis Otero, e a decana da Facultade de Ciencias da Comunicación Ana Isabel Rodríguez.

A continuación presentan a plataforma o seu director científico, Enrique Castelló; o director técnico, Roi Méndez; e o técnico audiovisual Manuel Fidalgo, e terá lugar a mesa redonda ‘Virtus na Academia: docencia e investigación, seguida dunha quenda de visitas ás instalacións. Na segunda mesa redonda, orientada ao sector audiovisual e TIC, valoraranse posibilidades de proxectos conxuntos, e á súa finalización haberá unha nova quenda de visitas ás instalacións.

A tarde dedicarase aos obradoiros de tecnoloxía virtual impartidos a partir das 16.00 horas por Miguel Jiménez Moya, de Brainstorm Multimedia, e The Argounauts, socios tecnolóxicos de Virtus.

Comité Organizador 

Enrique Castelló Mayo (Universidade de Santiago de Compostela) – Presidente

Roi Méndez Fernández (Universidade de Santiago de Compostela) – Presidente

Fátima Fernández Ledo (Universidade de Santiago de Compostela)

Rocío del Pilar Sosa Fernández (Universidade de Santiago de Compostela)

Manuel Barreiro Rozados (Universidade de Santiago de Compostela)

Pablo Calviño Tato (Universidade de Santiago de Compostela)

Óscar López Iglesias (Universidade de Santiago de Compostela) 

Manolo Fidalgo Espasandín (Universidade de Santiago de Compostela)

Título do curso: Xornada de Portas a VirtusDescrición: Virtus, plataforma tecnolóxica para a investigación virtual da USC, nace como un espazo común de solucións virtuais avanzadas tanto para a innovación docente e a difusión investigadora como para a transferencia tecnolóxica e de coñecementoDatas: 23/10/2024 - 23/10/2024Lugar: Faculty of Communication SciencesInscrición: https://forms.office.com/e/DhmCyaVQMU
23/10/2024Faculty of Communication Sciences
Descargas
Mediateca
© 2024 Estudos Audiovisuais