Actividades
Cursos de formación, seminarios e congresos

Mulleres e Innovación nas Artes Intermedia

Ao abeiro do programa "A cultura é un dereito"

Os vindeiros 8 e 9 de abril o teatro Colon acolle as xornadas Mulleres e Innovación nas artes intermedia. O evento pretende explorar as conexións entre redes dixitais e artes escénicas, co obxectivo de se converteren en motor de innovación creativa e pensamento contemporáneo. Incorpora asemade un programa de xénero que procura fomentar a visibilidade das mulleres no marco das Media_artes.

A realizadora, investigadora e docente Margarita Ledo, formará parte dunha das mesas de debate intitulada A Arte Intermedia ¿territorio de okupación? Contribucións de xénero, que procura incorporar, desde as diversas perspectivas profesionais das convidadas, unha imaxe poliédrica da presenza da muller nos contextos ACTS (Arte, Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade). A coordinadora do Grupo de Estudos Audiovisuais estará acompañada da enxeñeira informática Nieves Rodríguez Brisaboa e da tamén realizadora María Ruido, nunha conversa moderada por Silvia García González, decana da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Baixo a epígrafe “Recoñecer o corpo, recoñecer a fala” Ledo propón unha paseata polo seu traballo máis amador e persoal a partir da relación entre corpo e fala da actriz María Casares no filme de Alain Resnais Gernika (1945). A

Entre as actividades promovidas atópanse, alén dos faladoiros, os espectáculos teatrais 14SKYLINE da Compañía Kònic Thtr e Sofía, de Marta Pérez (a partir da peza Sofía e as Postsocráticas de Inversa Teatro), ou a instalación interactiva The plants sense, de María Castellanos e Alberto Valverde. Tamén se desenvolverán un obradoiro teórico-práctico de videopoesía a cargo de Belén Montero, directora de Versogramas, e outro de Creación Dixital, impartido por María Castellanos. Ambos os dous precisan de inscrición previa e teñen aínda vagas dispoñibles.

As xornadas teñen lugar ao abeiro do programa “A cultura é un dereito” da Deputación da Coruña, e foron comisariadas por Rosa Sánchez, directora artística do festival ECOSS, ecosistemas do inesperado e da Compañía de Arte Intermedia Kònic Teatro (Barcelona).

 

Título do curso: Mulleres e Innovación nas Artes IntermediaDescrición: Ao abeiro do programa "A cultura é un dereito"Datas: 08/04/2019 - 09/04/2019Lugar: Teatro Colón
08/04/2019Teatro Colón
Descargas
Mediateca
© 2019 Estudos Audiovisuais