Actividades
Cursos de formación, seminarios e congresos

Seminario de Crítica e Programación Online

Organizado por A Cuarta Parede e (S8) Mostra de Cinema Periférico

A Cuarta Parede volve á (S8) Mostra de Cinema Periférico para seguir teorizando arredor do cinema experimental. Con motivo do décimo aniversario da Mostra, o II Seminario de Crítica esténdese alén das datas do propio festival cunha ambiciosa proposta que conta co apoio de Acción Cultural Española. A formación quere facer fincapé este ano no mundo online como un espazo onde o cinema experimental debe seguir a súa expansión en busca de novos públicos: ben desde a crítica cinematográfica, ben desde a programación de filmes.

As actividades terán lugar o 1 de xuño na Sala de Prensa Afundación e incluirán sesións teóricas e mesas redondas, así como proxeccións de filmes que se desenvolverán o día anterior do Cineclube de Compostela. As alumnas terán ademais a posibilidade de publicar textos, escritos e audiovisuais, en A Cuarta Parede, contando co apoio desta na súa edición. Os docentes do curso serán Stefano Miraglia, curador independente e artista visual fundador de MOVIMCAT – The Moving Image Catalog, un proxecto online sobre a cultura da imaxe en movemento; e Brais Romero Suárez, director de A Cuarta Parede, programador do Festival Curtocircuíto, e membro do Grupo de Estudos Audiovisuais.

Prazos e matrícula

A matrícula para o seminario será de balde. O número de alumnas estará limitado a 15, tendo prioridade aquelas que realicen antes a matrícula.

Para realizala, as alumnas deberán escribir un correo electrónico a info@acuartaparede.com, sinalando no asunto “Seminario S8” e incluíndo no texto o seu nome completo e o DNI. O prazo de matrícula estará aberto ata as 00:00h del 30 de maio.

+info. en A Cuarta Parede.

Título do curso: Seminario de Crítica e Programación OnlineDescrición: Organizado por A Cuarta Parede e (S8) Mostra de Cinema PeriféricoDatas: 01/06/2019 - 01/06/2019Lugar: A CoruñaInscrición: http://www.acuartaparede.com/aberta-a-inscricion-para-o-seminario-de-critica-e-programacion-online/
01/06/2019A Coruña
Descargas
Mediateca
© 2024 Estudos Audiovisuais