Presentación de “Os amorodos de Bergman”
Na libraría Couceiro ás 19.30h
O membro do grupo de Estudos Audiovisuais Fernando Redondo Neira presenta o 2 de xullo “Os amorodos de Bergman”, obra gañadora da última edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, convocado polo Centro Ramón Piñeiro e a editorial Galaxia. A libraría Couceiro acollerá o acto ás 19.30h do martes, no que o autor estará acompañado de Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia, encargada da publicación do texto galardoado, e Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística.
O ensaio de Fernando Redondo Neira parte dun rexitro fílmico das excursións da Sociedade de Amigos do Campo para reflexionar sobre a imaxe en movemento, ofrecendo unha visión do cinema como unha segunda oportunidade da memoria, unha segunda percepción do vivido. O xurado destacou o valor histórico, antropolóxico, semiótico, artístico e memorialístico de “Os amorodos de Bergmand”, desde unha posición filosófica e tecnolóxica que sitúa a Galicia nos albores da Historia universal da cinematografía.
02/07/2019Libraría Couceiro (Santiago de Compostela)