Actividades
Cursos de formación, seminarios e congresos

Presentación da revista Volvoreta no CGAI

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) acollerá o vindeiro sábado, día 2 de marzo, o acto de presentación do segundo número de Volvoreta. Revista de Literatura, Xornalismo e Historia do Cinema. O evento comezará ás 18.00 horas e contará coa presenza de José Luis Castro de Paz (membro do Grupo de Estudos Audiovisuais e presidente da Fundación Wenceslao Fernández Flórez) , Xosé María Dobarro (director da publicación) e Natalia Alonso Ramos (xefa de redacción).

A presentación concluirá coa proxección do filme El malvado Carabel (Fernando Fernán-Gómez, 1955), precedida dos 7 minutos conservados da versión cinematográfica da novela homónima dirixida por Edgar Neville en 1935.

O acceso é aberto até completar aforo.

 

Título do curso: Presentación da revista Volvoreta no CGAI Datas: 02/03/2019 - 02/03/2019Lugar: Centro Galego de Artes da Imaxe. A Coruña
02/03/2019Centro Galego de Artes da Imaxe. A Coruña
Descargas
Mediateca
INVESTIGACIÓN / MARCO VINCULADO
Cara unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da impronta de Wenceslao Fernández Flórez.
Entidade financiadora: Ministerio de Economía e CompetitividadeData de inicio: 31/12/2013Data de fin: 31/12/2015I.P.: José Luis Castro de PazInvestigadores participantes: José Luis Castro de Paz Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Carmen Arocena, Juan Miguel Company, Xosé María Dobarro Paz, José María Folgar de la Calle, Sonia García López, Francisco Javier Gómez Tarín, Francisco Javier Moral Martín, Agustín Rubio Alcover, Imanol Zumalde Arregui, Santos Zunzunegui Díez.
© 2023 Estudos Audiovisuais