Novas olladas á costa galega. Obradoiro de fotografía documental co Colectivo Ollo
Os vindeiros 6 e 7 de xullo terá lugar a 2ª edición desta actividade.
Os vindeiros 6 e 7 de xullo na Sociedade Liceo de Noia (Noia) e baixo a dirección de Mª Soliña Barreiro González e Jennifer Novoa Domínguez, terá lugar a 2ª edición deste obradoiro de fotografía documental organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais e o colectivo fotográfico Ollo. Constará de 16 horas lectivas cun límite de asistencia de 25 persoas.
PROGRAMA
SÁBADO 6 DE XULLO
09:30. Recepción dos participantes e apertura do curso
09:45. O proxecto fotográfico: a escolla do tema, busca de referentes e ideas. Por Vanessa Casteleiro (Colectivo Ollo)
10:30. Creación de grupos, adscrición de titores
11:00. Debate e selección temática por grupos
11.30. Saída fotográfica I
13.30. Xantar
15.30. Noia na historia e na imaxe. Por Paula Alonso (Noia Sancosmeira)
16.15. Revisión e análise das imaxes
17.00. A escolla de materiais e planificación. Xeitos de narrar. Brais Lorenzo (Colectivo Ollo)
17.45. Saída fotográfica II
20.00. Pausa
21.30. Cea e proxección nocturna
DOMINGO 7 DE XULLO
9:30. A edición e os formatos de difusión. Varios membros do Colectivo Ollo
10.15. Saída fotográfica III
12.15. Revisión materiais, análise de imaxes e primeira selección
13:30. Xantar
15.30. Revisión de portfolios (opcional)
16.00. Edición e esbozo organizativo da publicación
18.00. Presentación e debate conxunto dos proxectos finais
19:30. Peche do obradoiro
Haberá un número limitado de aloxamento a prezo reducido, contáctanos canto antes se queres reservar a través de info@estudosaudiovisuais.gal ou mariasolina.barreiro@usc.gal.
O prazo de inscrición estará aberto dende o 15 de maio ata o 21 de xuño a través desta ligazón.
06/07/2024Noia