
Cinema e deporte. Clase xénero e cuestión nacional
Actividade organizada polo Grupo de Estudos Audiovisuais, Cinema. Col.lectiu d´Investigación Estética des Mitjans Audiovisuals e o Cineclube de Compostela.
Os días 14 e 15 de setembro de 2023 celebrarase no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC o seminario Cinema e deporte. Clase xénero e cuestión nacional. Este seminario está organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais da Universidade de Santiago de Compostela, Cinema. Col.lectiu d´Investigació Estètica des Mitjans Audiovisuals da Universidade Pompeu Fabra e o Cineclube de Compostela.
No encontro participarán o catedrática emérita de Comunicación Audiovisual da USC, Margarita Ledo, o catedrático de Comunicación Audiovisual, José Luis Castro de Paz e a profesora e investigadora María Soliña Barreiro. En representación da Universidade Pompeu Fabra participarán Manuel Garin, Albert Elduque, Nuria Cancela e Laia Puig. Tamén intervirán o fotógrafo e investigador Vito Vaqueiro e a editorial Meninho Morreu.

14/09/2023 Faculty of Communication Sciences