Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Sangre, fetiche, ceguera: deseos y abrazos rotos

Segunda parte da (até o de agora) oscura triloxía almodovariana sobre o desexo masculino, a “Muller” obxecto dese desexo, e os seus desoladores avatares (con Hable con ella [2002] e La piel que habito [2011]), Los abrazos rotos constitúe un dos cumios da filmografía de Pedro Almodóvar, conxugando a reformulación de certos temas formais provintes da gabeta das formas fílmicas hitchcockiana –pero tamén, e aquí moi especialmente, do mellor cine español (Lorenzo Llobet-Gràcia)– cunha sutilísima e intransferible destilación formal. Unha escritura que, partindo de imaxes en certa forma “afastadas do mundo” por saturación gráfica e metacinematográfica, leva o proceso a tal grado de abstracción que é capaz de (re)activalas mediante a frotación de cada unha coas outras semellantes, acadando unha inusitada potencia emocional para falarnos das feridas do mundo e do desexo, para volver a tocar a realidade perdida a través dunha obstentosa e extravagante pero ao tempo frutífera hipertrofia formalista.

Autor/a: José Luis Castro de Paz Ano: 2012Titulo: Sangre, fetiche, ceguera: deseos y abrazos rotos Categoría: Artigo científico Título revista/libro: Fotocinema. Revista científica de Cine y FotografíaNúmero: 5 (2012)Páxina inicial: 24Páxina final: 40
Descarga a publicación
© 2024 Estudos Audiovisuais