Actividades
Cursos de formación, seminarios e congresos

IX Encontro Anual da AIM

Associação de Investigadores da Imagem em Movimento

IX Encontro Anual da AIM terá lugar na Universidade de Santiago de Compostela entre o 13 e 16 de maio de 2019, nunha organización conxunta da AIM e a Faculdade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. O Encontro Anual da AIM é unha conferencia internacional onde todas as propostas serán sometidas a revisión por pares e publicadas en actas en formato electrónico.

Creada en 2010, a AIM pretende reunir en Portugal a investigadoras/es que teñen en común obxectos e temas de pesquisa relacionados coa imaxe en movemento. Con este obxectivo, a asociación realizou xa oito encontros anuais:  na Universidade do Algarve, Faro (2011), na Universidade Católica Portuguesa, Lisboa (2012), na Universidade de Coimbra (2013), na Universidade da Beira Interior, Covilhã (2014), no ISCTE – Instituto Universitário de Lisboa (2015), na Universidade Católica Portuguesa, Porto (2016), na Universidade do Minho, Braga (2017) e na Universidade de Aveiro (2018).

A AIM invita a enviar propostas en portugués, galego, castelán ou inglés, que non excedan os 1500 caracteres (incluíndo espazos), nas seguintes áreas: cinema, televisión, vídeo e medios dixitais. As contribucións poderán ter forma de comunicacións individuais ou paneis pre-constituídos e o prazo para a recepción das mesmas remata o 15 de novembro.

As propostas para este IX Encontro Anual poden ser enviadas por membros da AIM (inscrición gratuíta) e por non membros (cunha taxa de inscrición de 60 €, tras a aceptación do traballo). Os proponentes que sexan membros da AIM terán que renovar a súa inscrición e proceder ao pagamento das cotas relativas á anualidade de 2019 até o 15 de novembro de 2018 (30€/normal; 20€/estudante).
Para más informacións sobre as condicións de participación, formas de contribución e envío de propostas, descarrega a Chamada de Comunicacións 

Todas as propostas, incluíndo as encadradas en grupos de trabalho, deben ser enviadas en formulario propio. Accede!!!

Título do curso: IX Encontro Anual da Associação de Investigadores en MovimentoDescrición: Associação de Investigadores da Imagem em MovimentoDatas: 13/05/2019 - 16/05/2019Lugar: Facultade de Xeografía e Historia - Universidade de Santiago de CompostelaInscrición: http://aim.org.pt/encontro/ix/sub.php
13/05/2019Facultade de Xeografía e Historia - Universidade de Santiago de Compostela
Descargas
Mediateca
© 2024 Estudos Audiovisuais