Equipo
Estudos Audiovisuais: Contidos, formatos e tecnoloxía Grupo de Referencia Competitiva do SUG
Inés Arias Iglesias
Persoal investigador
Graduada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e Mestrado en Ciencias Sociais con especialización en Estudos Europeos e enfoque na integración europea pola Universidade de Aalborg, Dinamarca. Actualmente, investigadora predoutoral asociada ao proxecto LEXCAV e cursando estudos de doutoramento no programa de Comunicación e Información Contemporánea do Departamento de Ciencias da Comunicación da USC. A súa liña de investigación céntrase no impacto da lexislación europea na diversidade lingüística, cunha análise comparativa da transposición da Directiva (UE) 2018/1808 en España, Dinamarca e Irlanda.

Ademais do seu labor como investigadora predoctoral, posúe unha ampla experiencia na xestión de proxectos europeos, transferencia tecnolóxica e comunicación. Compaxina a súa carreira académica co seu rol como Xerente de Proxectos Europeos no sector privado.

DESTACADOS
© 2024 Estudos Audiovisuais