Investigacións
Proxectos de investigación, contratos, teses e traballos de investigación

Prensa e identidade na sociedade. Estratexias e funcións dos xornais no sistema galego de comunicación

Constata o potencial estratéxico dos medios de comunicación, da prensa escrita en particular, nesta fin de século, cando se experimentan cambios e transformacións derivadas dun contraditorio proceso no que coexisten o espazo de fluxos, os movementos propios da globalización, por unha parte, e o espazo de lugares, ou a emerxencia das identidades, por outra.

Valora a capacidade estratéxica e as funcións dos periódicos galegos de información xeral, nun novo contexto tecnolóxico, ideolóxico e institucional, como factores constitutivos de identidade, aproveitando o potencial que se deriva dos actuais movementos de descentralización e afirmación das identidades colectivas nacionais. A análise de estratexias e funcións concrétase nos períodos de cambio (1978-1989) e de crise (1989-1996).

A tese concreta finalmente en base a que obxectivos tería que readaptar as súas funcións sociais e culturais, para profundizar por unha parte na rexionalización estrutural, e para democratizar por outra os procesos de produción informativa, contribuíndo así a revitalizar o sistema comunicacional galego, a partir do sistema de medios que o viabiliza, tendo en perspectiva a institucionalización do Espazo Galego de Comunicación.

Autor/a: Luis Álvarez PousaDirector/a: Dra. Margarita Ledo AndiónData de lectura: 01/01/1998
© 2024 Estudos Audiovisuais