Investigacións
Proxectos de investigación, contratos, teses e traballos de investigación

La reconversión tecnológica y empresarial en un período consolidado: El caso de “La Vanguardia”

Esta tese intenta aproximarse aos cambios e aos factores de viabilidade da prensa durante o período comprendido entre 1970 e 1990, a través do estudo dun caso concreto, o do diario “La Vanguardia” de Barcelona, que constitúe un paradigma dos periódicos da modernidade. Estes periódicos, xeralmente centenarios, presentaban cara a 1980 trazos comúns de obsolescencia técnica, conceptual e fortal, así como dificultades compartidas para se renovaren e competir coas novas cabeceiras.

Paralelamente, o período estudado caracterizouse por albergar un conxunto de transformacións revolucionarias no mundo da prensa que afectaron non só aos métodos de elaboración e produción técnica, senón tamén ao deseño dos diarios. A presente investigación intenta establecer os factores que explican a viabilidade de determinadas cabeceiras en detrimento doutras.

A principal conclusión que se desprende da investigación é que a modernización tecnolóxica constituíu unha condición necesaria, pero non suficiente, xa que exixiu procesos previos ou paralelos de racionalización das estruturas empresariais, produtivas e financeiras, para asegurar a viabilidade dos diarios.

Autor/a: Carles Castro SanzDirector/a: Dra. Margarita Ledo Andión e Dr. Jose Luis Riva AmellaData de lectura: 28/05/2002Cualificación: Sobresaliente Cum Laude
© 2024 Estudos Audiovisuais