Abre o prazo para enviar propostas ao XII Congreso Internacional LUSOCOM.
A Diretoria da LUSOCOM (Federação Lusófona de Ciências da Comunicação) comunica a chamada de artigos para o próximo número do Anuário Internacional de Comunicação Lusófona, baixo a responsabilidade da INTERCOM (Sociedade Brasileira de Estudos Interdisciplinares da Comunicação), cuxo tema central é “Metodologias de pesquisa em Comunicação no espaço lusófono”.
O Anuário priorizará traballos que aborden a cuestión da comunicación no ámbito das comunidades e países lusófonos.
Cronograma:
30 de xullo de 2016
Data limite de envio de propostas (artigo completo)
30 de agosto de 2016
A data de comunicación de aceptación
Enderezos para o envío de propostas:
giovandro.ferreira@gmail.com
felipepena@globo.com
Normas para Publicación:
Os artigos deberán ser redactados en formato Word, papel tamaño A4, em Times New Roman, tamaño de letra 12 e com espazo 2.
1. Artigos – textos de entre quince e vinte páxinas (21 mil a 28 mil caracteres), contendo análise, reflexión e conclusión sobre temas académicos ou profesionais.
2. Comunicacións Científicas (Relatos de Pesquisa) – textos de entre vinte e vinte e cinco páxinas (28 mil a 35 mil caracteres), contendo descrición da pesquisa, metodoloxía, análise dos resultados e conclusións.
Os artigos e as comunicacións científicas deben tratar de cuestións relacionadas co tema central, pero poderán ser aceptados outros artigos que traten de temas no domínio da comunicación e cultura no espazo lusófono.
Gráficos e ilustracións deberán ser presentados en jpg ou tif, com resolución de 300 dpi (mínimo), no final do texto e en páxinas destinadas especificamente para este fin.
Os artigos deberán incluír um resumo cunha extesión máxima de 1000 caracteres. O texto completo ten como limite 50.000 caracteres (incluíndo espazos).
Os elementos de identificación da/o(s) autor(as/es) deberán ser enviados numa páxina separada e deberá incluir: Título, nome(s) das/os autoras/es, institución á que pertencen, palabras-chave (máximo:5), nome completo, enderezo postal, número de teléfono e enderezo electrónico (e-mail).
É preciso facer o resumo e as palabras-chave nun dos dous idiomas do Anuário (portugués ou galego) e tamén en inglés.
As referencias a autores ao longo do artigo deberán seguir a seguinte pauta:
· (BERTEN, 2001, p. 35) ou tal como Berten (2001, p. 35) considera, «utopia é também uma ideologia»’;
· (WINSECK e CUTHBERT, 1997); (GUDYKUNST et al.,1996); (AGAMBEN, S/D, p. 92).
As referencias bibliográficas, deberán ser presentadas ao final do artigo, respectando os seguintes formatos:
· BOUGNOUX, Daniel. Introdução às Ciências da Comunicação. Bauru (SP): Edusc, 1999.
· MARÔPO, Lidia. A construção da agenda mediática da infância: um estudo de caso sobre a relação entre movimentos sociais e os media noticiosos. Lisboa: Livros Horizonte, 2008.
· SELIGMAN, Laura. Jornais populares de qualidade: Ética e sensacionalismo em um novo padrão do jornalismo de interior catarinense. Brazilian Journalism Research – Volume 2 – Número 1 – 1° semestre – 2009.
· GARCIN-MARROU, Isabelle. L’événement dans l’information sur l’Irlande do Nord. Dossier Le temps de l’événement 2. Réseaux: communication technologie société (CNET), n. 76, p. 49-60, mars/avril 1996. Disponível em: http://enssibal.enssib.fr/autres-sites/reseaux-cnet/76/03-garci.pdf . Acesso em: 06/08/2014.
· GOFFMAN, E. Frame analysis: an essay on the organization of experience. Boston: Northeastern University Press, 1974.
Desarga da Chamada de artigos do Anuário Internacional de Comunicação Lusófona
Este lunes 20 de junio tuvo lugar en la Facultad de Ciencias da Comunicación de la USC un encuentro con el diputado del BNG, Nestor Rego, para hacer un balance del escenario que se formula para el sector con la aprobación de la Ley del Audiovisual. Al encuentro asistieron representantes de varias de las entidades […]
Agapi (Asociación Gallega de Productoras Independientes) organiza el próximo día 1 de julio unas jornadas de formación presencial dedicadas a analizar aspectos jurídicos de la producción audiovisual. El desarrollo de la jornada tendrá lugar en el Auditorio 1 del Edificio ZINC de la Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela. Bajo el título: […]
La USC, a través de su Escuela de Doctorado Internacional (EDIUS), puso este año en marcha la primera edición del Three Minute Thesis (3 MT®), un concurso de comunicación para investigadores e investigadoras de todas las áreas del conocimiento. La doctoranda del GEA, Sara Calvete Lorenzo, es una de las finalistas del certamen con el […]