Actividades
Cursos de formación, seminarios e congresos

Simposio Internacional LEXCAV: as linguas minorizadas no audiovisual a dous anos da aprobación da Lei 13/2022

O evento terá lugar os días 8 e 9 de outubro no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación

Parte integrante do proxecto “LexCAV. O impacto da vixente Lei 13/2022 no tecido audiovisual: cara a unha proposta de modificación para combater a exclusión dixital das linguas cooficiais” (Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades – Axencia Estatal de Investigación: ref. PID2022-142353OB-I00), este Simposio Internacional valorará o impacto sobre o sector audiovisual da Lei 13/2022, do 7 de xullo, Xeral de Comunicación Audiovisual, como transposición da lexislación europea.
Un simposio que se configura como un espazo crítico de debate arredor dos marcos produtivos audiovisuais europeos con linguas cooficiais, da man daquelas figuras relevantes que, xa sexa desde o ámbito da lexislación, a produción, a distribución ou os estudos académicos, propoñen alternativas para a consecución dunha sociedade lingüisticamente diversa e dixitalmente inclusiva.
As temáticas a tratar no simposio abranguerán, entre outras, a exclusión mediática da produción audiovisual realizada en linguas cooficiais (VO), o seu potencial inclusivo como ferramenta de acceso (VD, VOS, audiodescrición…) a contidos audiovisuais en linguas estranxeiras, o impacto da normativa europea e da Lei 13/2022 na produción audiovisual independente, a cota feminina nos equipos técnicos e creativos, etc.

O simposio incorpora, ademais, a participación e transferencia de coñecemento á cidadanía, de cara ao seu empoderamento no audiovisual como un dos sectores máis relevantes na construción do seu patrimonio cultural inmaterial.

Comité Científico

Antía María López Gómez (Universidade de Santiago de Compostela) – Presidenta
Margarita Ledo Andión (Universidade de Santiago de Compostela)
Rubén Camilo Lois González (Universidade de Santiago de Compostela)
Pietari Kääpä (University of Warwick)
Francisco Sierra Caballero (Universidad de Sevilla)
Josu Amezaga Albizu (Universidad del País Vasco – Euskal Herriko Unibertsitatea)
Judith Clares Gavilán (Universitat Oberta de Catalunya)
Michelle Macleod (University of Aberdeen)
Denize Araujo (Universidade Tuiuti do Paraná)

Comité Organizador

Enrique Castelló Mayo (Universidade de Santiago de Compostela) – Presidente
María Soliña Barreiro González (Universidade de Santiago de Compostela)
Óscar López Iglesias (Universidade de Santiago de Compostela)
Pablo Calviño Tato (Universidade de Santiago de Compostela)
Manuel Barreiro Rozados (Universidade de Santiago de Compostela)
Fátima Fernández Ledo (Universidade de Santiago de Compostela)

Título do curso: Simposio Internacional LEXCAV: as linguas minorizadas no audiovisual a dous anos da aprobación da Lei 13/2022Descrición: O evento terá lugar os días 8 e 9 de outubro no auditorio da Facultade de Ciencias da ComunicaciónDatas: 08/10/2024 - 09/10/2024Lugar: Facultade de Ciencias da ComunicaciónInscrición: https://forms.office.com/e/gUrvgTPBzG
08/10/2024Facultade de Ciencias da Comunicación
Descargas
Mediateca
© 2024 Estudos Audiovisuais