Actividades
Cursos de formación, seminarios e congresos

Obradoiro de podcasting e realidade virtual para a innovación en docencia e investigación

Acreditado polo PFID (20 horas para DDU)

O obxectivo principal do curso é capacitar ao profesoradopara a realización de formatos audiovisuais (podcaste realidade virtual) orientados á innovación na súa tarefa docente e investigadora, así como para o acompañamento de alumnado de grao e mestradona elaboración de contido audiovisual de carácter divulgativo.  Tamén se formará no uso de novas metodoloxías docentes e se discutirán posibles solucións diante dos retos da aprendizaxe a distancia, o e-learninge os desafíos da linguaxe audiovirtual.

O curso combina as metodoloxías de aprendizaxe baseada en proxectos e de traballo tutelado e sitúa o alumnado como protagonista da súa capacitación. A adquisición de competencias está orientada polos principios do designthinkinge dirixida a xerar solucións innovadoras para os retos do actual contexto mediático e educativo de fragmentación da atención e de diversificación da oferta.

O alumnado entregará, en grupos e ao remate do curso, dúas pílulas divulgativas, unha en audioe outra en vídeo, aplicadas, na medida do posible, ao seu campo de coñecemento e ás necesidades específicas do seu labor docente e investigador, que serán avaliadas en relación aos contidos impartidos. Ademais, tamén por grupos, presentarán os proxectos nos que traballaron ao longo do curso.

 

Sesións:

Xoves 25/09/2025 – Sesión 1 – 16:00 a 19:00 (3 horas) – Facultade de CC da Comunicación
Xoves 02/10/2025 – Sesión 2 – 16:00 a 20:00 (4 horas) – Facultade de CC da Comunicación
Xoves 09/10/2025 – Sesión 3 – 16:00 a 18:00 (2 horas) – Facultade de CC da Comunicación
Xoves 23/10/2025 – Sesión 4 – 16:00 a 20:00 (4 horas) – Facultade de CC da Comunicación
Xoves 30/10/2025 – Sesión 5 – 16:00 a 18:00 (2 horas) – Facultade de CC da Comunicación
Xoves 13/11/2025 – Sesión 6 – 16:00 a 20:00 (4 horas) – Facultade de CC da Comunicación
Xoves 27/11/2025 – Sesión 7 – 16:00 a 20:00 (4 horas) – Facultade de CC da Comunicación
Xoves 11/12/2025 – Sesión 8 – 16:00 a 18:00 (2 horas) – Facultade de CC Políticas e Sociais

 

Contidos:

Sesión 1. Presentación. Fundamentos da comunicación. Xéneros e formatos.[3 horas]
Sesión 2. O podcast. Parte I. [4 horas]
2.1. Teoría. Estado actual do podcastinge posibilidades creativas do audio. [1 hora]
2.2. Práctica. Nocións básicas de gravación, locución e edición de son.[3 horas]
Sesión 3. O podcast. Parte II. [2 horas]
3.1. Teoría. Organización e produción de podcasts. [1 hora]
3.2. Práctica. Deseño de proxectose difusión. [1 horas]
Sesión 4. A realidade virtual. Parte I. [4 horas]
4.1. Teoría. A realidade virtual e as súas posibilidades creativas. [1 hora]
4.2. Práctica. Nocións básicas de gravación en platós virtuais. [3 horas]
Sesión 5. A realidade virtual. Parte II. [2 horas]
5.1. Teoría. Organización e produción de formatos de realidade virtual. [1 hora]
5.2. Práctica. Deseño de proxectos e difusión. [1 horas]
Sesión 6. Titoría de proxectos.Parte I.[4 horas]
Sesión 7. Titoría de proxectos. Parte II. [4 horas]
Sesión 8. Presentación de proxectos e peche.  [2 horas]

 

Docentes: 

Cibrán Tenreiro Uzal, Marta Pérez Pereiro, Roi Méndez Fernández, Manuel Barreiro Rozados, Pablo Calviño Tato, Óscar López Iglesias, Fátima Fernández Ledo e Rocío Sosa Fernández.
Título do curso: Obradoiro de podcasting e realidade virtual para a innovación en docencia e investigación Descrición: Curso de formación acreditado polo PFID (20 horas para DDU)Datas: 25/09/2025 - 11/12/2025Lugar: Facultade de Ciencias da Comunicación e Facultade de Ciencias Políticas (USC)Duración: 25 horasInscrición: https://forms.cloud.microsoft/e/C5zk7Ws4Xw
25/09/2025Facultade de Ciencias da Comunicación e Facultade de Ciencias Políticas (USC)
Descargas
Mediateca
© 2026 Estudos Audiovisuais