Galicia pola radio. Desde os anos trinta á actualidade
A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acolleu o congreso Galicia pola radio. Desde os anos trinta á actualidade, que repasou a historia deste medio en Galicia, no momento en que se celebran tres cuartos de século de emisións radiofónicas no país. O congreso centrouse principalmente na radio de programación convencional, e nel participaron máis de trinta profesionais, todos eles cunha longa traxectoria en distintos ámbitos, emisoras e canles de Galicia. No seu conxunto, representan á case totalidade das canles xeralistas de radio nesta comunidade e a emisoras hoxe desaparecidas. Ademais da historia da radio, foron tratados en diversas mesas redondas aspectos de referencia como información, o idioma, a radiodifusión local e alternativa, e a radio galega no exterior.
06/11/2008Santiago de Compostela