Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Mesa Temática do I+D+i sobre o cinema español posbélico no VI Congreso Internacional Latina de Comunicación Social

09/11/2014

A comezos do mes de decembro celebrarase en Tenerife o VI Congreso Internacional Latina de Comunicación Social, organizado pola Sociedad Latina de Comunicación Social e a Universidad de La Laguna.
Dentro das actividades do congreso, o venres 5 (entre as 16:00 e as 18:00 horas) desenvolverase a Mesa Temática Literatura y cine popular después de la Guerra Civil española (1939-1962), vinculada ao Proxecto de Investigación Cara unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da impronta de Wenceslao Fernández Flórez (CSO2012-34648, Plan Nacional de I+D+i 2013-2015, Mineco – Goberno de España).
A Mesa de Debate estará moderada polo Investigador Principal, José Luis Castro de Paz (Universidade de Santiago de Compostela), e os tamén membros do equipo, Santos Zunzunegui e Carmen Arocena (Universidad del País Vasco) e analizarase nela o peso da literatura na configuración dunhas formas expresivas propias no cinema español tralo conflito bélico.
Logo do Simposium Internacional Costumismo, humor, melancolía, reflexividade: Impronta de Wenceslao Fernández Flórez no cinema español, celebrado o pasado mes de marzo en Santiago de Compostela e A Coruña, e despois duna amplia presenza en diversos congresos e publicacións de eido nacional e internacional, trátase dun encontro de gran importancia para o Proxecto, ao englobar destacados traballos de investigadores adicados ao estudo do cinema español posbélico, boa parte deles pertencentes ademáis ao Equipo de Investigación.

Adxuntamos de seguido o programa de ponencias aceptadas na Mesa:

Las gafas del diablo: concepciones, adaptaciones e irradiaciones del humor de Wenceslao Fernández Flórez
Héctor Paz Otero (Universidade de Santiago de Compostela) y Fernando Gómez Beceiro (Universidade de Santiago de Compostela)

Acercamiento a Unos pasos de mujer: novela y cine
José Mª Folgar de la Calle (Universidade de Santiago de Compostela)

L’auca del senyor Esteve en el cine de la posguerra: de Rusiñol a Neville o el sainete catalanista
José Luis Castro de Paz (Universidade de Santiago de Compostela)

El yo que enuncia. Autoconsciencia y reflexividad en el cine español de postguerra
Francisco Javier Gómez Tarín (Universitat Jaume I) y Agustín Rubio Alcover (Universitat Jaume I)

Fundamentos literario-plásticos del cine histórico de los años 40
Javier Moral (Universidad VIU)

De verdugos, cadáveres y demás ralea. Algo sobre el humor negro y el cine español (1930-1963)
Alejandro Montiel Mues (Universidad Politécnica de Valencia)

Notas sobre el costumbrismo y el cine español
Carmen Arocena Badillos (Grupo M.A.C.- UPV/EHU) y Nekane E. Zubiaur Gorozika (Grupo M.A.C.-UPV/EHU)

Los orígenes del esperpento en el cine español de los años 50
Nekane E. Zubiaur Gorozika (Grupo M.A.C.- UPV/EHU) y Carmen Arocena Badillos (Grupo M.A.C.- UPV/EHU)

Para unha información máis detallada, pódese consultar a páxina web do congreso:

VI Congreso Internacional Latina de Comunicación Social

MÁIS NOVAS
Margarita Ledo Andión participa nas xornadas “50 anos do 25 de abril”
A Catedrática emérita do GEA estará presente no coloquio: "O 25 de abril do outro lado do Miño" na Facultade de Filoloxía da USC
12/04/2024

A Revolución dos Caraveis, o levantamento militar do 25 de abril de 1974 en Portugal, denominado en portugués Revolução dos Cravos, derrubou nun día o réxime político ditatorial que existía no país veciño desde 1926. As cinco xornadas que compoñen o programa das xornadas que conmemoran os 50 anos deste feito histórico, desenvolveranse desde o […]

Seguir lendo
30 aniversario da AGAPI
A segunda xornada terá lugar o mércores 17 de abril na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
12/04/2024

Neste 2024 AGAPI celebra o seu 30 aniversario e unha das accións que vai levar adiante é a celebración dunhas xornadas formativas itinerantes polas tres universidades galegas nas facultades de Ciencias da Información dentro do Grao de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Universidade de Vigo (UVIgo) e Universidade da Coruña (UDC). […]

Seguir lendo
Roi Méndez e Rocío del Pilar Sosa presentan The White Book for teaching through virtual TV sets
A comunicación na Open Universiteit tivo lugar o 8 de marzo.
14/03/2024

A conferencia Cloudclass: Innovative teaching with virtual studio technology tivo lugar o pasado 8 de marzo de 2024 na Open Universiteit (Heerlen). Educadores, expertos técnicos e estudantes reuníronse coa fin de afondar no ámbito da tecnoloxía inmersiva e nas súas aplicacións na educación. O evento, que marcou a culminación do proxecto CloudClass: Low Cost, Mobile, […]

Seguir lendo
© 2024 Estudos Audiovisuais