Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

O profesor José Luis Castro de Paz participa nas xornadas ‘A transición a debate’

04/06/2018

José Luis Castro de Paz, profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, participará nas Xornadas ‘A transición a debate’ que organiza a Facultade de Ciencias Políticas e Sociais dentro dos cursos de verán da USC. Os obxectivos deste curso son: presentar e analizar o estado dos estudos sobre a Transición, analizar o papel das elites e da sociedade civil durante a Transición, analizar a Transición en Galicia, analizar o papel dos medios de comunicación e do cine na Transición e analizar o impacto da Unión Europea na Transición.

O programa completo das xornadas pódese consultar aquí. A matrícula está aberta ata o 6 de xullo a través da web da USC.

MÁIS NOVAS
A RAG participa no acordo que impulsará unha rede europea de academias de linguas minorizadas
21/01/2019

A Real Academia Galega, o Institut d’Estudis Catalans, a Real Academia da Lingua Vasca – Euskaltzaindia, a Fryske Akademy, Lo Congrès Permanent de la Lenga Occitana e EURAC – Institute for Applied Linguistics impulsarán unha rede de entidades homólogas, institutos lingüísticos e centros de investigación de linguas minorizadas ou minoritarias no ámbito europeo co propósito […]

Seguir lendo
O GEA participa no seminario ‘Medios responsables e cidadáns críticos’
Preséntanse os resultados do proxecto de investigación MediaACES
21/11/2018

O xoves 29 de novembro de 2018 a Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acollerá o seminario  Medios responsables  e cidadáns críticos. Eficacia e aceptación da rendición de contas en Galicia, no que se presentarán os resultados do proxecto de  I+D+i ‘Accountability y Culturas Periodísticas en España. Impacto y propuesta de buenas prácticas en los […]

Seguir lendo
Marta Pérez Pereiro participa nas Escaramuzas Artísticas da AAAG
A última sesión de 2018 centrarase no audiovisual como ferramenta de creación de discursos e de transmisión de ideoloxías
20/11/2018

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) celebra o vindeiro mércores 28 de setembro ás 20.00 horas a última sesión de 2018 das súas Escaramuzas artísticas, unha serie de encontros de debate de periodicidade mensual en que reputadas voces especializadas nos sectores do audiovisual e da escena intercambiarán os seus puntos de vista ao […]

Seguir lendo
© 2019 Estudos Audiovisuais