Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Movistar+ anuncia que está a traballar para incluír subtítulos en galego na súa plataforma

27/06/2018

A multinacional de telecomunicacións Movistar + anunciou por Twitter que está a traballar na inclusión de subtítulos en lingua galega na súa plataforma. Esta mensaxe foi recibida con ledicia por organizacións como A Mesa pola Normalización Lingüística, que destacaron que “incorporar os subtítulos en galego supón que as galegas e os galegos terán a posibilidade de escoller a súa lingua propia”.

A importancia do subtitulado en linguas non hexemónicas, así como a necesidade de que entidades privadas como Movistar+ comecen a incluír os subtitulos nestas linguas, é un dos eixos arredor dos que xira o proxecto do Grupo de Estudos Audiovisuais ‘EU-VOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas‘, e foi unha das conclusións extraídas do recente Foro Internacional ‘As Linguas e o Cinema’ que se celebrou no mes de maio na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.

MÁIS NOVAS
Chamada á presentación de artigos á revista FOTOCINEMA
Até o 30 de abril de 2019
04/02/2019

FOTOCINEMA, Revista Crítica de Cine y Fotografía, vén de abrir o prazo para o envío de propostas para o número 19, que levará por título “Ver Bien: ambliopía e imagen óptica”. Coordinado por  Ramón Esparza (Euskal Herriko Unibertsitatea) e Paula Gortazar (University of Westminster), o monográfico ten prevista a súa publicación en xullo. Directrices de envío: […]

Seguir lendo
Próxima presentación do segundo número da revista Volvoreta
Será o sábado 2 de marzo ás 18.00 horas no CGAI
29/01/2019

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) acollerá o vindeiro sábado, día 2 de marzo, o acto de presentación do segundo número de Volvoreta. Revista de Literatura, Xornalismo e Historia do Cinema. O evento comezará ás 18.00 horas e contará coa presenza de José Luis Castro de Paz (membro do Grupo de Estudos Audiovisuais e […]

Seguir lendo
Aberta a inscrición para a 8ª Conferencia Internacional de Cinema de Viana do Castelo
As persoas interesadas en participar poderán enviar propostas de comunicación até o 15 de febreiro
25/01/2019

A Conferência Internacional de Cinema de Viana é un espacio de reflexión e partilla de experiencias organizada por AO NORTE – Associação de Produção e Animação Audiovisual y por la Cámara Municipal de Viana do Castelo, cara a construción dunha comunidade internacional de intereses e de divulgación de proxectos relacionados con dúas temáticas centrais do cinema – […]

Seguir lendo
© 2019 Estudos Audiovisuais