Equipo
Estudos Audiovisuais: Contidos, formatos e tecnoloxía Grupo de Referencia Competitiva do SUG
Helena González Rubianes
Persoal investigador
Graduada en Comunicación Audiovisual pola USC e Máster Universitario en Estudos de Cinema e Audiovisuais Contemporáneos pola UPF.
Actualmente atópase realizando a súa tese dentro do programa de doutoramento de Comunicación e Información Contemporánea, formando parte do Grupo de Estudos Audiovisuais.
As súas principais liñas de investigación son o cinema de arquivo, a estética fílmica das enfermidades mentais e neurolóxicas e a representación do punto de vista da doenza e da morte nos filmes no período dos anos ‘80 até a contemporaneidade.
Tamén é creadora de cine ensaio e videoarte, destacando pezas como MINHAMENINHA, unha mediametraxe que trata do arquivo audiovisual familiar e da memoria, ou In Desmemoriam 3. La secuencia, unha obra experimental realizada con Intelixencia Artificial entrenada por ela mesma para evocar a sintomatoloxía do Alzheimer dende un punto de vista tanto neurocientífico como artístico.
DESTACADOS
© 2025 Estudos Audiovisuais